luns, 26 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

Re - Creamos

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro fixemos uns murais moi creativos. 

Para os máis cativos repartíronse letras para reconstruir o nome Rosalía e Rosalía de Castro. Logo cada un inventou.

Para o alumnado de educación primaria seleccionamos un par de poemas e desordenamos as palabras ou versos. Inventaron un novo poema e algún grupo logrou recrear o poema exacto.


Aquí está a solución dos poemas propostos:

CO SEU XORDO E CONSTANTE MORMORIO

ATRÁIME O OLEAXEN DESE MAR BRAVÍO

CAL ATRÁI DAS SERENAS O CANTAR

NESTE MEU LEITO MISTERIOSO E FRÍO

DIME VEN BRANDAMENTE A DESCANSAR

 


CON MALENCONÍA MIRA PARA O MAR

OS QUE NOUTRAS TERRAS

TEN QUE BUSCAR O PAN


domingo, 18 de febreiro de 2024

Entroido mariño


Co tema do mar fomos disfrazados de diferentes personaxes e animais que podemos atopar no mar.

Percorremos as rúas de O Porriño acompañados dunha animada música!

Ademais, cada nivel levou un eslogan escrito en galego sobre o súa personaxe.

venres, 16 de febreiro de 2024

San Valentín

Cando pechas os ollos e pensas no amor 💘 que ves??

Repartíronse corazóns por todos niveis e o alumnado expresou o que era o amor para eles a través de debuxos e palabras. 

Sinxela e bonita.




















 

xoves, 8 de febreiro de 2024

Lectura para o Día de Rosalía

O EDLG fai un agasallo á biblioteca do cole polo día de Rosalía.

Os nenos e nenas están a demandar moita banda deseñada, por iso pensamos que este libro sería unha boa lectura.



mércores, 7 de febreiro de 2024

Ganadores e ganadora do concurso de carteis do Entroido

Noraboa aos gañadores!!

Joel de infantil

Adrián de primeiro ciclo

Lara de segundo ciclo


Moitas grazas a todo o alumnado que participou!







martes, 30 de xaneiro de 2024

Día da paz


Para conmemorar o día da paz cantamos a canción DE QUE CHE VALE con todo o alumnado do centro.